Sembrando Futuro

Poesía galega completa

de (Escritor)

Antonio Tovar (A Pereira de Rairiz da Veiga, Xinzo de Limia, 1921) vive e traballa en Ourense onde, de vagar, escribe algús dos versos máis densos, máis cheos de celme íntimo da nosa poesía. Os críticos da máis diversa feitura (Vicente Risco , Carballo Calero, Alvaro Cunqueiro, Basilio Losada ...) téñense pronunciado de xeito inteiramente favorable sobor da súa obra poética; algús, mesmo, xulgan que o seu nome é un dos dous primeiros da poesía galega de hoxe; para outros é un dos mellores poetas con que conta España nesta hora. A pesares do limpo e afervoado pronunciamiento da crítica, o poeta Tovar –escritor, ademáis, de gramática doada- inda non conqueríu o público que voces de menos entidade teñen acadado no país. Este volume contén tres dos seus libros poéticos, dous en reedición (“Arredores” e “Non”) e ún en primeira impresión (“O vento no teu colo”). Co este libro –subtitulado “Poemas a Tucha”, que é a muller do poeta- a poesía de lingua galega asómase a un eido fai tempo pouco transitado, o do amor, un amor cheo de vida e de quentura latexante e sin as arañeiras da retórica e do idealismo. A súa entrega ó amor, á muller,, compañeira, é, ás veces, a fuxida do desamparo e do desacougo no que ten vivido o orfo radical que era Antonio Tovar. Nos outros dous libros o Tovar leva a cabo a tarefa de tnatos e tantos poetas líricos; percurar a intimidade, si ben nel a indagación é tan fonda e tan singular que jai poemas que constituyen un encontro coa mismidade, poemas que constituyen un encontro coa mimidade, unha mismidade de tal xeito configurada que ela por si é xa unha acusación, un alegato contra o mundo. ¡Engalolando poeta o autor que, á forza de se buscar, amósanos, de paso, a fasquía noxenta da sociedade! Na historia da poesía galega –rexeiten o que queiran os antólogos- o nome de Tovar está entre os primeiros. Cumpría, pos, para ben de todos, escorrentar tangaraños e meigallos.
Escritor
Colección
Arealonga - Letras galegas
Materia
Poesía, Contemporánea
Idioma
  • Castellano
EAN
9788473390699
ISBN
978-84-7339-069-9
Fecha publicación
12-12-1970
Páginas
176
Ancho
12 cm
Alto
18 cm
Formato
Rústica
Rústica
1,96 €
SIN IVA 1,88 €
Añadir al carrito

Libros relacionados